A Pobra ultima o servizo de comedor sobre rodas expoñendo a ordenanza

Servizos Sociais
Suso Souto
A educadora familiar do Concello da Pobra, Lidia Martínez, esquerda, e a concelleira de Servizos Sociais, Amparo Cerecedo, na presentación do servizo de comedor sobre rodas. Foto: C.P.

A POBRA. Tras a aprobación da ordenanza reguladora do servizo do comedor sobre rodas da Pobra no pleno do día 27, o texto xa se atopa a exposición pública. Os veciños poden contactar con Servizos Sociais, a través do teléfono 981 832 764, para informarse de se poden optar a esta axuda e, de ser o caso, ir preparando a documentación para axilizar os trámites. Trátase dun servizo de comida a domicilio que pretende facilitar e garantir unha alimentación equilibrada e de calidade, adaptada ás necesidades das persoas maiores e/ou dependentes que non poden valerse por si mesmas para cubrir as súas necesidades básicas relacionadas coa compra ou elaboración do catering. Os menús entregaranse de luns a venres, agás festivos, de 12.00 a 14.30 horas no propio domicilio. Serán elaborados según as necesidades dos usuarios. S. S.