Activan os traballos para evitar arrastre de cinzas a dous regos en Ribeira

Incendios forestais
Suso Souto
Operarios da Xunta creando barreiras de contención para evitar o arrastre de cinzas en Ribeira. Foto: Xunta

RIBEIRA. A Xunta puxo en marcha unha serie de traballos nas áreas afectadas polo lume no Barbanza para evitar os arrastres das cinzas nas áreas límites dos regos de Castelo e As Lobeiras, en Ribeira. Os técnicos do servizo de Conservación Fluvial de Augas de Galicia están a desenvolver as inspeccións de campo nas áreas afectadas, en coordinación cos técnicos da Consellería do Medio Rural, tras a determinación dos puntos máis afectados polos incendios co obxectivo de iniciar os traballos precisos coa maior celeridade. Está previsto intervir ao longo duns 2.600 metros. Trátase de actuar nestas contornas de especial sensibilidade pola proximidade dos leitos fluviais a zonas poboadas e por contar cunhas características singulares que poden favorecer os arrastres das cinzas. Colócanse barreiras de contención con troncos e palla. s. s.