Actuaron xuntos catorce alumnos e profesores da Aula Galega de Saxofón

Conservatorio de Música
Suso Souto
BURDEOS. A pianista Hilomi Sakaguchi, do Conservatorio Jaques Thibaud de Burdeos, cuarta pola esquerda, con alumnos e profesores tras un concerto de saxofón. Foto: C.R.

RIBEIRA. O Conservatorio de Música Profesional de Ribeira Enrique Paisal acolleu un novo encontro da Aula Galega de Saxofón, con dous concertos nos que participaron tanto o alumnado como o profesorado da mesma. Catorce alumnos e alumnas de Ribeira e doutros lugares, como Ribadumia, Pontevedra, Santiago de Compostela, Sanxenxo, Meaño, Merza, Piloño e Madrid, así como o profesor do conservatorio ribeirense e coordinador da actividade, José Fungueiriño, participaron en ditos concertos, que puideron seguirse, ademais de en directo, en streaming a través da canle de Youtube do centro. Cada unha destas actuacións foi pechada coa intervención do profesor titular da Aula, Xabier Casal (do Conservatorio Superior das Illas Baleares) e da pianista Hilomi Sakaguchi (do Conservatorio Jaques Thibaud de Burdeos). suso souto