Adican unha obra aos 14 pobrenses recluídos no campo de Mauthausen

Literatura
Suso Souto
Pola esquerda, Pilar Pereiro (tesoureira da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza); o concelleiro de Memoria Histórica da Pobra, Xabier Santos; a presidenta e o secretario de dita entidade, Celia García e Xulio Axeitos. Foto: C.P.

A POBRA. O auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal será escenario o vindeiro venres día 24 a partir das 20.30 horas da presentación do caderniño número sete da colección Episodios Republicanos Barbanzáns, e que leva por título Barbanceses en Mauthausen. A publicación, da que é autor Xoán Fernández Callón e cuxa portada foi ilustrada por Uxía Fernández Outeiral, ofrece, segundo explicou o secretario da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza, Xulio Axeitos, “un estudo minucioso arredor dos 14 barbanceses que estiveron no campo de concentración de Mauthausen”. Relátase así como acabaron alí e faise un repaso pola vida destes veciños. As persoas interesadas en asistir á presentación deberán anotarse no enderezo electrónico crmhbarbanza@gmail.com ou chamar ao teléfono 664 081 327. S. s.