Adxudicadas sete obras de pavimentación en Santa Uxía, Carreira e Corrubedo

Infraestruturas viarias
Suso Souto
na cidade. Treito da avenida de Miguel Rodríguez. Foto: C.

RIBEIRA. O Concello de Ribeira adxudicou sete obras de pavimentación noutros tantos puntos das parroquias de Santa Uxía, Corrubedo e Carreira, cun investimento global de 232.000 euros. En Santa Uxía acometeranse nun treito da rúa Barbanza e na vía transversal, sumando unha superficie de 1.660 metros cadrados (adxudicada a Canarga por 31.915 euros); nun treito da avenida de Miguel Rodríguez Bautista, entre o cruce coa rúa Canarias e a Praza do Centenario (adxudicouse á empresa Marconsa por 36.401 euros); na rúa Canarias (adxudicouse a Canarga por 30.262 euros); e no treito da rúa Galicia comprendido entre o mercado municipal e a rotonda de Padín (adxudicada a Canarga por 34.367 euros).

Na parroquia de Carreira os traballos levaranse a cabo nun camiño entre o campo da Guía e a pista Vilar-Vixán, onde o firme actual de terra será renovado e acondicionado con aglomerado asfáltico, previo desbroce e limpeza da zona de actuación (obra que acometerá Tamara Fernández Pérez por 33.386,euros); e na estrada de Laxes (adxudicada a Marconsa por 44.623 euros).

E en Corrubedo acometerase a pavimentación de varios treitos da rúa Buenos Aires. Neste caso a actuación vaina executar Marconsa por 21.128 euros. s. s.