Adxudican a mellora das rúas Vilar, en Palmeira, e Falcato, en Corrubedo

Infraestruturas viarias
Suso Souto
Treito da travesía de Palmeira. Foto: C.R.

RIBEIRA. O Concello de Ribeira adxudicou á empresa Excavaciones Nima S.L. as obras de renovación de servizos na rúa do Vilar (travesía de Palmeira), cun orzamento de 100.015 euros, IVE incluído. O obxectivo que se persegue con este proxecto reside en renovar os servizos urbanos de auga potable, saneamento e pluviais, xa moi antigos. O prazo de execución é de catro meses. Por outra banda, adxudicáronse dúas actuacións similares na rúa Falcato e na travesía do mesmo nome na parroquia de Corrubedo. As redes de augas e saneamento nestas zonas son antigas e rexistran avarías frecuentes, en tanto que o pavimento de formigón se atopa en mal estado. Neste caso, a empresa que obtivo a mellor puntuación entre as 23 presentadas resultou ser Construcciones Anspa S.L., conforme a unha oferta económica de 53.845 euros, IVE incluído. s. s.