Aguiño levanta o pano a beneficio da asociación da enfermidade de Dent

Teatro
Suso Souto
PRESENTACIÓN. Pola esquerda, Pilar Millet, Elvira Pisos, Rosita Millet, Pepita Suárez, Carmen Sampedro e Unai González, directivas da asociación Lorenzo Mariño. Foto: A.C.F.L.M.

RIBEIRA. A asociación Francisco Lorenzo Mariño de Aguiño (Ribeira) celebrará a XIII Mostra de Teatro Afeccionado os catro sábados de novembro, comezando o día 5 con Noite Bohemia o a obra La casa de Bernarda Alba. As seguintes funcións serán as de Tequerreté Teatro de Teo, o día 12, con O enredo; Charamela de Melide, o día 19, con Agárrense que veñen curvas; e Pedroso de Narón, o día 26, con Nin Deus entende ás mulleres. As funcións serán ás 20.00 horas no conservatorio de Aguiño e as portas abriranse media hora antes para recoller donativos a favor da Asociación Galega da Enfermidade de Dent (Art for Dent), que reune ás familias de varios nenos de Galicia e Asturias que sofren esta rara doenza que afecta aos riles. Os donativos irán dedicados á investigación médica que se leva a cabo no Idis-Nefro-CHUS de Santiago. S. Souto