Alumnado do ribeirense colexio Bayón completou a ruta xacobea A Orixe

Camiño Xacobeo
Suso Souto
RECEPCIÓN. Alumnos do colexio Bayón na recepción que tivo lugar no Concello. Foto: C.R.

RIBEIRA. A primeira tenente de alcalde de Ribeira, María Sampedro, recibiu a unha representación de dezasete alumnos e alumnas de Educación Secundaria do colexio Bayón que participaron nun proxecto multidisciplinar que xirou en torno ao Camiño de Santiago A Orixe. Así, os alumnos de ESO desta escola converteron ao seu centro no primeiro en completar as seis etapas da ruta xacobea barbanzana (tamén algún curso de Educación Primaria realizou algunha das etapas), principiando no faro de Corrubedo e rematando ca misa do peregrino na Catedral de Santiago. A medida que ían completando as etapas, os alumnos foron recompilando vídeos, fotografías e datos que deron como resultado a realización de distintos traballos, como a creación dun blog, a elaboración de trípticos sobre a experiencia e unha revista dixital. Suso Souto