Alumnas do programa de dinamización de maiores visitaron ‘Solpor na ría’

Exposición
Suso Souto
EXPOSICIÓN. Alumnas de Lingua e Cultura Galegas durante a súa visita á mostra. Foto: C.R.

ribeira. Un grupo de alumnas que están a participar no curso de Lingua e Cultura Galegas, enmarcado no Programa de Dinamización das Persoas Maiores posto en marcha pola concellería de Servizos Sociais de Ribeira, visitaron a exposición Solpor na ría, de María José González Area. A mostra, que se exhibe no centro cultural Lustres Rivas, recolle distintas pinturas cheas de luz, cor e tons dourados, que evocan paisaxes naturais moi vencellados á nosa terra e nas que se utiliza o stofado, unha técnica da imaxinería en madeira policromada que ten as súas orixes na arte gótica e que ten como material principal o pan de ouro. A citada exposición pode visitarse ata o vindeiro día vinte e oito do presente mes de xaneiro. A autora, afincada en Meis, di que para pintar as súas obras inspírase nos espectaculares solpores da ría de Arousa. s. souto