Alumnos do IV Ciclo da USC visitaron en Ribeira os museos do gravado e etnográfico

Museos
Suso Souto
Alumnos do IV Ciclo da USC na visita ó Museo do Gravado de Ribeira. Foto: C.R.

Acompañados do profesor de Historia de Galicia do IV Ciclo da USC, Anxo Rodríguez Lemos, o alumnado da sede IV Ciclo de Ribeira realizou unha saída cultural para coñecer na parroquia ribeirense de Artes o Museo do Gravado e o Museo Etnográfico. No primeiro, o grupo foi recibido polo director da institución, Xoán Pastor Rodríguez Santamaría, para visitar a exposición temporal Manuel Ayaso. Kafka e percorrer o resto de salas, con especial atención á Biblioteca Ilustrada. Trasladáronse despois ao Museo Etnográfico, onde realizaron unha visita guiada e o profesor Rodríguez Lemos lles comentou o funcionamento dalgunhas das pezas que xa estudaran na aula do IV Ciclo.