Amas de Casa de Ribeira organiza unha chocolatada en homenaxe ás persoas maiores

persoas maiores
Suso Souto
Pola esquerda, a edil de Cultura de Ribeira, María Sampedro, a presidenta de Amas de Casa, Puri Cores, e a edil de Servizos Socias, Ana Barreiro, na presentación. Foto: C.R.

Ribeira. A Asociación de Amas de Casa de Ribeira vai celebrar o domingo 3 a súa tradicional chocolatada en homenaxe ás persoas maiores. Terá lugar ás cinco da tarde no restaurante Baiuca de Artes e haberá autobuses a partir das 16.30 horas dende a terminal situada xunto ao mercado municipal. A chocolatada estará amenizada pola cantante Mar Davila. Hai xa 270 persoas apuntadas e previsiblemente o próximo mércores peche o prazo.

Quen estea interesado (cómpre ser maior de 65 anos) ten que retirar as súas invitacións na sede da asociación en día laboral de 10.30 a 13.00 horas, según indicou a presidenta do colectivo, Puri Cores. s. s.