Ambar formou a 18 persoas en actividades da industria alimentaria e comercio

Formación
Suso Souto
DIPLOMAS. Os alumnos e alumnas cos diplomas. F: Ambar

Ribeira. A Sala Carballeira do centro de recursos da asociación de persoas con diversidade funcional Ambar, de Ribeira, acolleu a entrega de diplomas otorgados pola Fundación ONCE ás dezaoito persoas participantes nas accións formativas sobre actividades auxiliares na industria alimentaria e comercio.

No acto participaron Adriana Rego, consultora da ETT para persoas con diversidade Cycle; Milagros Rey, presidenta de Ambar; Daniel Tojo, orientador laboral; Helena Teira, coordinadora xeral da entidade; e Ana Barreiro, concelleira de Servizos Sociais.

Os cursos foron financiados pola Fundación ONCE a través dos programas Uno a Uno do POEJ e POISES e polo Fondo Social Europeo.

O seu obxectivo era promover a sostibilidade e a calidade no emprego, favorecer a mobilidade laboral e reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais dos mozos e mozas non integrados nos sistemas de educación ou formación.

Adriana Rego lembrou as aptitudes que buscan no persoal candidato para as diferentes ofertas que xestionan.

O acto rematou cunha rolda de preguntas nas que Adriana lles resolveu ao asistentes todas as súas dúbidas sobre orientación no mundo laboral. Ana Barreiro e Milagros Rey foron as encargadas de entregarlles os diplomas ós dezaoito alumnos e alumnas que participaron nos mencionados cursos desta convocatoria (nove en cada unha das dúas especialidades formativas). suso souto