Ambar inicia un curso de auxiliar de elaboración na industria alimentaria

Personas con discapacidad
Suso Souto
INAUGURACIÓN. Pola esquerda, Daniel Tojo, Abad, Rey e Ángeles Sampedro. Foto: Ambar

ribeira. A asociación de persoas con diversidade funcional Ambar puxo en marcha este luns en Ribeira o curso de operacións auxiliares de elaboración na industria alimentaria, destinado a persoas con diversidade funcional menores de 30 anos. A actividade busca promover a

sostibilidade e calidade no emprego e a mobilidade laboral. Na inauguración participaron a presidenta de Ambar, Milagros Rey; Ángeles Sampedro, técnica de emprego inclusivo; Daniel Tojo, orientador laboral; e Inés Abad, docente. O curso, financiado pola Fundación ONCE, é gratis e está destinado a ocupación de persoal de almacén, carretilleiros, auxiliares e operarios da industria alimentaria. Terá unha fase teórica e outra práctica nun posto de traballo en empresa. Ofrece unha beca de asistencia de 9 € ó día na fase teórica e opción de transporte adaptado. s. s.