Amicos acolleu un terrorífico Samaín

Samaín
Suso Souto
FESTA. Un dos usuarios de Amicos, na festa. Foto: Amicos

RIBEIRA. Os usuarios e usuarias da asociación de persoas con discapacidade intelectual Amicos de Ribeira celebraron unha terrorífica festa de Samaín con bailes, cociña creativa e un concurso de cabazas (que gañaron Juan e Javi). Disfrazáronse de bruxas, zombies, paiasos endemoniados, etc. S. Souto