Ana Mª Domínguez será a alcaldable do PSOE de Lousame

Partidos Políticos
Suso Souto
Ana Mª Domínguez. F: PSOE

lousame. O local da antiga escola do Sanguiñal, en Tállara (Lousame), acollerá este sábado ó mediodía o acto de presentación da nova candidata desa formación á alcaldía de Lousame nas vindeiras eleccións municipais do 28 de maio. Trátase de Ana María Domínguez Laíño, quen xa foi concelleira na lexislatura de 2007 a 2011, na que exerceu de portavoz. Ten 48 anos, é arquitecta, traballa como autónoma dende hai 15 anos e ten estudo profesional en Lousame, traballo que compatibiliza actualmente co de profesora de Formación Profesional. É veciña da parroquia de Tallara e presidenta da comunidade de montes de A Igrexa, Cruceiro e Pascual Coto Redondo. s. souto