Avanza o plan do novo colexio sonense

Educación
Suso Souto
A Pé DE Praia. Imaxe do colexio de Portosín, ubicado aos pés da praia de Coira, que será derribado cando se faga o novo para que Costas rexenere esa zona próxima ó areal. Foto: C.

O Son. O alcalde de O Son, Luis Oujo, vén de reunirse ca empresa Estudio Técnico, ca que está a analizar e a valorar a bolsa de terreos que o Concello pretende adquirir para construír o novo colexio de Portosín. Pertencen a seis propietarios e suman 50.000 m2. Será preciso modificar a calificación dese solo, que actualmente é de protección ordinaria, para pasalo a uso dotacional-educativo. O rexedor agarda que a finais deste ano se poidan licitar as obras en base ó proxecto que redactará a Xunta. O colexio actual será derribado e Costas rexenerará a zona na que se ubica, ó pé da praia de Coira. s. s.