Boiro acadou 500 quilos de alimentos este Nadal cunha campaña solidaria

Solidariedade
Suso Souto
ENTREgA. María Outeiral, á esquerda, cos voluntarios de Turbina, en Cáritas. Foto: C.B.

BOIRO. O Concello de Boiro, a través da área de Cultura, realizou este Nadal unha campaña solidaria de recollida de alimentos para entregar ás familias necesitadas do municipio. Recolléronse en total durante a campaña preto de 500 quilos de alimentos, que se van repartir agora a través do departamento de Servizos Sociais e Cáritas ás familias que o precisan. Durante o Nadal, en todos os centros sociais municipais e en todas as actividades que se celebraron colocáronse puntos de recollida de alimentos non perecedoiros para que aquelas persoas que quixesen colaborar puidesen facelo. A concelleira de Cultura, María Outeiral, estivo na entrega dos alimentos recollidos, que se levaron a Cáritas, onde os voluntarios do grupo Turbina axudaron a clasificar e preparar os paquetes que lles serán entregados ás familias beneficiarias. s. s.