Boiro acolle a mostra de Abanca ‘O noso Planeta’

Exposición
Suso Souto
INAUGURACIÓN. Pola esquerda, Vanessa Sende, Romero, Vilariño e Outeiral. Foto: C.B.

BOIRO. A casa da cultura da Cachada (Boiro) acolle a mostra O noso Planeta, organizada por Afundación e Abanca. O alcalde, José Ramón Romero, e a concelleira de Cultura, María Outeiral, asistiron á inauguración xunto con José Manuel Vilariño, director de Banca Institucional de Abanca na Coruña, e Vanessa Sende, da área educativa de Afundación. A mostra está baseada na serie documental do mesmo nome de Netflix e amosa sorprendentes imaxes, elementos audiovisuais e interactivos e unha mensaxe imprescindible que se enmarca en Corrente cultural. Este traballo fotográfico busca concienciar ós visitantes sobre a problemática á que se enfronta actualmente o Planeta pola acción do home: plásticos, embalses, quentamento global, contaminación... A mencionada exposición pode visitarse ata o vindeiro vinte e un de novembro, de luns a venres, de 09.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas, e os sábados tamén polas mañás. suso souto