Boiro acolle este luns unha cata de conservas de marisco

Conservas
Suso Souto
Pola esquerda, María Campos, José Ramón Romero e Roberto Alonso, na presentación da cata. Foto: C.B.

BOIRO. As instalacións do centro de formación e viveiro de empresas ubicadas no polígono industrial de Boiro acollerán este luns, entre as cinco e as sete da tarde, unha singular cata de mariscos en conserva que organiza a revista Hostelería Galega Gastronomía & Turismo. Máis de cincuenta latas de berberecho, navalla, ameixa, zamburiña, mexillón, pulpo, chipirón e calamar (que se maridarán con viños) de diferentes elaboradores, a maior parte galegos, pero tamén de Portugal, van ser avaliadas por un panel de catadores conformado por membros da Asociación Galega de Sumilleres, da Asociación Galega de Xornalistas e Escritores de Turismo, da Academia Galega de Gastronomía, cociñeiros de renome e unha representación de consumidores habituais. A cita foi presentada polo alcalde boirense, José Ramón Romero; o secretario xeral adxunto de Anfaco-Cecopesca, Roberto Alonso; e a representante da revista HGg&T, María Campos. S. S.