Boiro convoca a selección de animadores socioculturais

Contratos públicos
Suso Souto
Fachada da casa consistorial de Boiro. Foto: S.S.

Boiro. O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a confección dunha lista laboral temporal de animadores socioculturais. O número máximo de integrantes da lista será de 20 e o sistema de acceso vai ser mediante concurso-oposición libre.

As persoas interesadas deben estar en posesión do título de técnico superior en Animación Sociocultural ou equivalente. O proceso selectivo constará dunha primeira fase de oposición de tres exercicios de carácter obrigatorio: unha proba de coñecemento teórico no campo de animación cultural; unha de comprobación de coñecementos prácticos; e unha de coñecemento da lingua galega. Valorarase a experiencia profesional e a formación específica en xestión cultural. s. s.