Boiro forma en envasado en cadea e alimentación a trinta e tres mulleres

Formación online
Suso Souto
Fachada da casa consistorial de Boiro. Foto: Suso Souto

BOIRO. No marco do Programa Integrado de Emprego do Concello de Boiro, comezan agora os cursos de formación de envasado en cadea e seguridade alimentaria, lexislación e calidade. A capacitación correspóndese cos cursos do sector da alimentación e estase a realizar de forma online.

Participan trinta e tres das cen mulleres inscritas no citado programa, destinado exclusivamente a féminas inscritas como demandantes de emprego. Van recibir formación en técnicas e procesado (termoselado, termoconformado, tratamento térmico, operacións de enlatado e cartonaxe), envasado por liñas de produción e en cadea, así como en trazabilidade, seguridade alimentaria e análise de puntos críticos de control. Xa se impartiron no citado plan cursos de etiquetaxe de alimentos e manipulador de alimentos. s. souto