Boiro instala nos areais grandes peixes de metal para depositar residuos

Recollida de lixo
Suso Souto
Estrutura colocada na praia de Barraña. Foto: C.B.

BOIRO. O Concello de Boiro vén de instalar nas principais praias do municipio unhas estruturas grandes de metal en forma de peixe que serven como contedores dos residuos traídos polo mar. Estes peixes come plásticos están situados nas praias de Barraña, Carragueiros e Mañóns para que os bañistas poidan depositar neles os residuos que se atopen. Ante a problemática dos plásticos nos mares e nos océanos, a administración local boirense traballa para realizar diversas accións que contribúan a concienciar sobre a importancia de depositar os residuos no contedor que corresponde. É importante lembrar que estas estruturas non están pensadas para a recollida de lixo orgánico, polo que se solicita a colaboración de toda a veciñanza para que deposite nestes contedores só os residuos plásticos traídos polo mar e atopados na area. s. s.