Boiro lanza unha App ca que poder xeolocalizar e comunicar incidencias

Servicios telemáticos
Suso Souto
PRESENTACIÓN. José Ramón Romero presenta o servizo de xestión de incidencias. Foto: S.

BOIRO. O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, presentou un servizo de xestión de incidencias que estará operativo dende o luns en período de probas para facilitar á veciñanza a comunicación co Concello nese eido. Funcionará a través da web municipal e dunha aplicación móbil e será unha canle directa entre a veciñanza e os diferentes departamentos municipais para advertir de maneira sinxela de problemas nos servizos ou desperfectos no mobiliario ou equipamento urbano. Poderá accederse a través da App móbil Línea Verde. O sistema permite localizar coordenadas ou fotos do desperfecto para que sexa máis sinxelo ao departamento correspondente dar con ela e solucionala á maior brevidade. A aplicación permite seleccionar a tipoloxía de incidencia e que esta se notifique directamente ó departamento correspondente. s. s.