Boiro ‘levanta’ a concorrida rúa Pesqueira en Cabo de Cruz para renovar redes

Infraestruturas viarias
Suso Souto
cabo de cruz. Obras de mellora integral da rúa Pesqueira de Cabo de Cruz. Foto: C.B.

BOIRO. O Concello de Boiro está a executar as obras para completar a urbanización da rúa Pesqueira, en Cabo de Cruz. As actuacións forman parte do proxecto de urbanización das rúas Tenencia e Pesqueira que financia a Deputación da Coruña mediante o POS+2022 e que ascende a un total de 98.555 euros. Esta semana comezaron as obras en Pesqueira, onde se está instalando a nova rede de recollida de pluviais e aplicando un novo pavimento de lastros de granito e lousas de pedra. O proxecto complétase coa urbanización da rúa Tenencia, no centro urbano de Boiro, unhas obras que están xa moi avanzadas e coas que se colocou unha nova rede de recollida de pluviais e agora se está a executar un novo pavimento de lastros de formigón e lousas de pedra para a regulación das rasantes e completar a urbanización da rúa. s. souto