Boiro promociónase cun zoco artesán de madeira que imita un mexillón

Artesanía de Galicia
Suso Souto
PRESENTACIÓN. Pola esquerda, Elena Fabeiro, Elena Ferro, Romero e Rodríguez. Foto: C.B.

BOIRO. O Concello de Boiro e Eferro, ca colaboración de Artesanía de Galicia, elaboran un zoco Mexillón de Boiro para agasallo institucional. Na presentación estiveron o alcalde, José Ramón Romero; o edil de Turismo, Carlos Rodríguez; a xerente de Fundación Pública Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro; e a artesá que deseñou a peza, Elena Ferro. Trátase dun chaveiro de coiro en cor laranxa e madeira negra que imita un mexillón. Vén presentado nunha lata de conservas que recorda ao auténtico mexillón da ría de Arousa. O deseño da lata está baseado na icónica obra do artista estadounidense Andy Warhol. Os chaveiros empregaranse para agasallo institucional e poderán mercarse na páxina web de Eferro. O Concello encargou tamén a Elena Ferro o zoco en tamaño real, que se comercializará baixo o nome de Modelo Boiro. s.s.