Boiro recuperou a cor e o son do Maio Vintage

Mercados
Suso Souto
rúa peonil. Un dos postos do Maio Vintage celebrado na rúa peonil de Boiro. Foto: C.B.

BOIRO. Logo da paréntese motivada pola pandemia, Boiro volveu acoller este sábado unha nova edición do mercado creativo Maio Vintage Market, que incluíu concertos, teatro, obradoiros, exhibicións e postos de variados artigos e produtos. Ao longo da xornada sucedéronse as actuacións de Elba e Jinetes del Trópico, Hijas de ZP, Crooked Savages, Baño Txeku e Matrek DJ. Tamén houbo teatro cabaré con Nelson Quinteiro, obradoiros de ilustración con Deica, de baile con Swing Compostela, e de elaboración dos maios. Colectivos como o de persoas con diversidade funcional Ambar ou Unión de Muchachas implicáronse na programación, que se complementou con aportacións do sector hostaleiro e do comercio da rúa peonil, na que se celebraron as actividades. Os numerosos postos de artesanía, decoración, complementos, antigüidades, roupa, etc. contribuíron a encher de colorido o eixo peonil atraendo a numeroso público. S. Souto