Boiro reparte 500 euros en vales cada dúas semanas

Comercio local
Suso Souto
O presidente da patronal, Daniel García, cas gañadoras dos premios. Foto: ABE

Boiro. Por primeira vez nos seus 33 anos de historia, a patronal de Boiro puxo en marcha unha campaña na que participan os máis de 200 socios da entidade. Este venres entregáronse os premios correspondentes á primeira quincena da campaña Quincenas fantásticas, que suman 530 € en vales de compra.

As gañadoras foron: Nuria Costas (250 €); Carmen Yolanda Estalote (150 €); Lidia Calo (100 €); e Andrea Romero (30 €). Poderán gastalos nas máis de 200 tendas asociadas á patronal boirense.

Nesta primeira parte da campaña rexistráronse 521 tíckets correspondentes a 47 negocios. A iniciativa segue en marcha ata o día 31 de agosto e aínda se van sortear 500 € ao remate de cada unha das cinco quincenas (un premio de 250 €, outro de 150 e un terceiro de 100).

Para participar os clientes deben realizar unha compra en calquera dos negocios asociados á patronal, facer unha foto do tícket ou factura e rexistrala en www.abe.gal. s. s.