Bombeiros de Ribeira e Boiro salvan doce cans no incendio dunha casa en Rianxo

Animais
Suso Souto
Un dos cans co equipo de osíxeno. Foto: Bombeiros de Boiro

Bombeiros de Boiro e Ribeira interviron este xoves nun incendio dunha vivenda en Ourolo, no concello de Rianxo e, ademais de apagar o lume, lograron rescatar once cadelos dun mes, oito deles inconscientes, e recuperalos con maniobras de resucitación e axudados con osíxeno. Ademais, rescataron a nai destes cadelos en perfecto estado. No operativo colaboraron a Policía Local de Rianxo, Garda Civil, RTSU Rianxo e un veterinario que se desplazou ata o lugar para axudar. Asimesmo, varios veciños axudaron a atender aos animais.