Bota a andar o Espazo das Familias na vila rianxeira

Familias
Suso Souto
Pais e nais nunha actividade da asociación Antonio Gandoy. Foto: A.S.A.G.

Rianxo. O auditorio de Rianxo acollerá o vindeiro martes día 19 ás 10.30 horas a presentación do Espazo das Familias, co que a asociación socioeducativa Antonio Gandoy ofrece ás familias con crianzas menores de seis anos a posibilidade do encontro e intercambio con outras familias e cun profesional da educación, co fin de que poñan en valor o seu importante papel como educadoras e que compartan dúbidas.

Trátase dun lugar onde compartir, debater e reflexionar sobre a experiencia da crianza e coñecer actividades que lles permitan afrontar unha maternidade e paternidade responsable e gozosa, que contribúa ó mellor desenvolvemento dos seus fillos e fillas. Os interesados poden chamar ó 607 804 823. s. s.