Cartel de luxo no claustro da Aula Galega de Saxo de Ribeira, única en España

Conservatorio de Música
Suso Souto
PRESENTACIÓN. Pola esquerda, José Fungueiriño, Mecía Pérez, Juana Brión e Xabier Casal, na presentación. Foto: C.

Ribeira. Un curso máis, e xa van quince edicións, comezou a actividade formativa da Aula Galega de Saxofón no Conservatorio de Música Profesional de Ribeira.

Esta actividade, única destas características no panorama saxofonístico a nivel nacional, conta este ano co mellor cartel de profesorado de todas as edicións, tanto cualitativa como cuantitativamente. En canto ao profesorado, Xabier Casal (un santiagués que foi alumno da aula ribeirense no inicio desta actividade) continúa a ser a pedra angular do proxecto, que se complementa con saxofonistas de recoñecedio prestixio, como Miguel Ángel Lorente (profesor de Musikene, do Centro Superior de Música do País Vasco), Xavier Larsson, Adrián Pais (profesor do Conservatorio Superior de Música de Galicia) e Carlos Ordóñez de Arce.

Ademais, segundo explicou a concelleira de Educación, Juana Brión, Roi Barros asistirá de novo como luthier e Hilomi Sakaguchi (do Conservatorio Jaques Thibaud de Burdeos, unha das pianistas acompañantes de saxofón de máis prestixio internacional) acompañará ao alumnado nas audicións dos meses de decembro, marzo e xuño, ademais de impartir masterclass de piano.

O curso da Aula Galega de Saxofón comeza con quince alumnos e alumnas chegados de diferentes puntos da xeografía galega. Toda a actividade está organizada e coordinada polo profesor de saxofón do conservatorio ribeirense José Fungueiriño. s. s.