Charla en Rianxo sobre como educar en galego

Educación
Suso Souto
Fachada do auditorio de Rianxo.

RIANXO. O auditorio de Rianxo acollerá o vindeiro mércores 28 de 17.30 a 19.30 horas unha charla educativa sobre recursos para educar en galego, no marco do programa da Escola de Familias. Correrá a cargo de Fabaloba, con contos, música, xogos e moitos outros recursos para educar ás crianzas en galego. Vai dirixida a familias con crianzas, profesorado, monitores de tempo libre e demais público interesado. As prazas son limitadas e é precisa a inscrición previa enviando un email a normalizacion@concelloderianxo.gal. suso souto