Charla sobre a pornografía para a ANPA de Palmeira

ANPAS
Suso Souto
Fachada do CEIPP de Palmeira. Foto: Xunta

Ribeira. A ANPA do CEIPP de Palmeira (Ribeira) organizou dúas actividades para fomentar a igualdade e a prevención da violencia de xénero: unha dirixida aos rapaces e rapazas e outra para os pais e nais.

Trátase da obra de teatro Mai Mai, da compañía Baobab Teatro, que terá lugar o mércores 5 de maio ás 17.30 horas no auditorio municipal, e a charla Pornografía: aprendendo da cultura da violación, que impartirá a asociación Lilith o día 26 ás 16.30 horas na sala de usos múltiples do colexio, cumprindo todos os protocolos de protección e prevención fronte á COVID. Ambas propostas están financiadas pola Secretaría Xeral de Igualdade e organizadas en colaboración co centro educativo e o Concello. s. s.