Ciclo de manualidades e contacontos en Cabo de Cruz e Escarabote

Infancia
Suso Souto
Fachada do centro social de Cabo de Cruz.

BOIRO. Os centros sociais de Cabo de Cruz e Escarabote, en Boiro, acollerán durante este mes de maio unha serie de contacontos e manualidades para os máis cativos. As actividades vanse celebrar unha vez por semana en horario de tarde. En Cabo de Cruz serán os martes, ás 17.00 horas, e en Escarabote os xoves ás 17.30 horas. As prazas son limitadas e as inscricións poden facerse nas propias instalacións. Nos dous casos son propostas culturais e lúdicas que están indicadas para nenos e nenas entre catro e sete anos de idade e consisten en sesións de contacontos infantís e manualidades sobre as lecturas. “O Concello de Boiro, a través das concellerías de Cultura e Educación, aposta deste xeito polo fomento da lectura entre os máis cativos para potenciar o hábito lector dende a infancia”, sinalan dende a administración local. s. souto