Comeza a busca de ideas innovadoras para os pasos peonís ribeirenses

Seguridad vial
Suso Souto
Daniel Castelo, esquerda (sarxento de Tráfico); Ana Barreiro (edil de Innovación); o alcalde Ruiz; Katia Pérez (da empresa SILO); e Jeanne Pcardo (de Stop Accidentes). Foto: S.S.

RIBEIRA. O consistorio ribeirense acolleu este luns un foro de reflexión sobre a seguridade viaria, no que varios expertos ofreceron as súas visións sobre o tema. Este acto complementa a consulta preliminar ao mercado ca que o Concello quere buscar suxerencias innovadoras que diminúan esta problemática e lograr uns pasos de peóns máis seguros. Nunha primeira fase está previsto investir non menos de 100.000 euros en medidas ó respecto. O alcalde, Manuel Ruiz, destacou que as accións realizadas ata agora (aparcamentos disuasorios, plataformas únicas ou peonalizacións) contribuíron a reducir o número de atropelos en Ribeira (de 15 a 3 en 2019). As empresas interesadas teñen ata o día 30 de xuño para enviar propostas. A licitación farase no último trimestre deste ano, e a execución, entre o segundo e o terceiro de 2022. s. s.