Comeza en Boiro o curso para ter o certificado de competencias dixitais

As clases impartiranse ‘online’ do un de marzo ó vinte e oito de maio e serán titorizadas
Formación
Suso Souto
Instalacións da aula Cemit de Boiro.

Boiro. A aula Cemit de Boiro oferta un novo ciclo formativo para obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática. O curso vaise impartir mediante a Rede de Centros para a Modernización Tecnolóxica, da que forma parte a citada aula do centro social boirense. Esta formación acredita os coñecementos, capacidades e aptitudes no ámbito das tecnoloxías da información e as comunicacións que as persoas precisan para desenvolverse con eficiencia no manexo de aplicacións ofimáticas na xestión de información e documentación. O curso inclúe un temario sobre sistema operativo e busca da información, manexo de aplicacións informáticas de tratamento de texto en LibreOffice Writer, aplicacións informáticas de follas de cálculo en LibreOffice Calc, aplicacións informativas de bases de datos relacionados en LibreOffice Base e aplicacións informáticas para facer presentacións.

As clases serán na modalidade de teleformación titorizada e a súa duración será de 12 semanas, do 1 de marzo ó 28 de maio. Ofértanse un total de 180 prazas e xa se poden facer as inscricións. s. s.