Constrúen un muro no patio da escola pobrense Fernández Varela

Educación
Suso Souto
SEGURIDADE. Imaxe do novo muro do patio da escola, que reforza a seguridade. Foto: C.P.

A POBRA. A concellaría de Educación da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra), financiou a construción dun novo muro na parte traseira da Escola de Educación Infantil Fernández Varela, concretamente, na zona do patio. Dita intervención foi executada pola empresa Constrios S.L. e contou cun investimento que ascendeu a 11.495 euros, IVE incluído. O proxecto supuxo a desmontaxe, a provisión e a nova colocación da varanda metálica existente; a demolición e retirada dos entullos do muro anterior a un vertedoiro autorizado; o emprego de formigón HA-25 e aceiro B500S en formación de muros; a subministración e colocación de piar en pedra; e a dotación e instalación dunha porta peonil de aluminio soldado e lacado. Con esta obra refórzase a seguridade no mencionado centro educativo. S. S.