Convocada a selección de persoal funcionario interino na vila pobrense

Empleo público
Suso Souto
Fachada do consistorio da Pobra. Foto: Turismo.gal

a pobra. O Concello da Pobra aprobou as bases reguladoras de dous novos procesos selectivos e abriu a convocatoria das probas mediante unha oposición. Están orientadas á formación dunha bolsa de emprego para o nomeamento de persoal funcionario interino pertencente ós subgrupos C1 e C2. As persoas aspirantes deberán cumprir unha serie de requisitos de acordo co posto ó cal se presenten. Deberase solicitar a participación mediante unha instancia, conforme o modelo que consta no anexo I das mencionadas bases, xunto coa documentación exixida. A entrega farase preferiblemente de maneira telemática a través da sede electrónica do Concello no prazo de 10 días hábiles a partir do seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (publicado este luns 31 de outubro). s. s.