Convocan para agosto o campo de voluntariado Dunas de Corrubedo

Voluntariado
Suso Souto
Panorámica do parque natural de Corrubedo.

RIBEIRA. A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e o Concello de Ribeira organizan entre o 12 e o 23 de agosto o Campo de Voluntariado Ambiental Dunas de Corrubedo, destinado a persoas de 18 a 30 anos de todo o ámbito estatal. Hai 12 prazas e entre as actividades previstas figuran labores de mantemento dos espazos naturais, reconstrución e consolidación de sendeiros, eliminación de especies alóctonas, vixilancia de incendios, tarefas de información e sensibilización e intervencións puntuais de mellora do parque natural de Corrubedo en colaboración cos traballadores do servizo de Medio Ambiente. A cota para participar é de 110 €. Para as persoas posuidoras do carné xove, do título de familia numerosa ou de familia monoparental, o prezo será de 82,50. Máis información nos teléfonos 981 957 115 e 881 881 238. s. s.