Corenta ribeirenses fan o Camiño de Santiago por Barbanza A Orixe

Peregrinación
Suso Souto
seis etapas. Os peregrinos prevén completar as seis etapas do Camiño A Orixe. Foto: C.R.

RIBEIRA. Proseguindo a andaina iniciada o pasado día seis, máis de corenta veciños e veciñas do municipio de Ribeira emprenderon este domingo a segunda etapa do Camiño de Santiago por Barbanza A Orixe. Nesta ocasión, os participantes percorreron un traxecto de 24,9 quilómetros dende a capela da Guía, na parroquia de Carreira, ata a igrexa de Santa María, no concello da Pobra do Caramiñal, tras atravesar paraxes como A Graña, Os Areeiros ou Castiñeiras e contemplar no camiño edificacións históricas como a emblemática Torre de Xunqueiras ou o Pazo de Cotón. Entre os participantes atopábanse os concelleiros Juana Brión, María Sampedro e Víctor Reiriz. A intención dos integrantes deste grupo é percorrer en próximas fins de semana as outras catro etapas desta ruta ata rematar na catedral de Santiago de Compostela. Suso souto