Curso sobre cociña para desempregadas de Boiro

Formación
Suso Souto
FORMACIÓN. Participantes no curso formativo. Foto: C.B.

BOIRO. Esta semana deu comezo en Boiro o curso para obter o certificado de profesionalidade de operacións básicas de cociña, de 350 horas, do Programa Integrado de Emprego que desenvolve o Concello, destinado a mulleres. Impártese no viveiro de empresas e as alumnas van adquirir coñecementos sobre a aplicación das condicións hixiénico-sanitarias en restauración, preelaboración e conservación culinarias, elaboración de pratos combinados e aperitivos. Conta cun módulo de oitenta horas de prácticas en empresas do Barbanza. s. s.