Dan positivo por alcol un boirense e o taxista que acudiu a recollelo

Tráfico
Suso Souto
Imaxe do taxi cuxo conductor foi denunciado en Padrón. Foto: Garda Civil

Boiro. A Garda Civil de Tráfico denunciou a un condutor de Boiro e ó taxista padronés que acudiu a recollelo por dar positivo ambos nun control de alcolemia na AC-305, en Padrón. Os axentes realizáronlle a proba ao conductor boirense, que arroxou valores de sanción administrativa. Tras inmovilizar o vehículo, chamaron a un taxista para que o trasladase ó seu domicilio, pero cando este chegou, os axentes observaron que tiña síntomas de estar ebrio. Así pois, fixéronlle tamén a el a proba, e deu un valor de 0,46 Mg/l (o triplo do límite legal para conductores profesionais). s. souto