Debate en Boiro sobre a sustentabilidade cultural

Cultura
Suso Souto
FORO. Na mesa, pola esquerda, Xurxo Couto, Romero e Alberto García. Foto: D. da Coruña

BOIRO. O deputado de Cultura da Deputación da Coruña, Xurxo Couto, e o técnico cultural do Concello de Boiro, Alberto García, foron os encargados de abrir a xornada Cultura sustentable, o reto postcovid que tivo lugar este mércores no centro social de dita localidade. A xornada, que forma parte do programa provincial A cultura é un dereito, tamén contou coa presenza do alcalde, José Ramón Romero, e da edil de Cultura, María Outeiral. Couto avogou por incorporar nos proxectos culturais criterios que atendan á sustentabilidade nas tres dimensións que se abordaron na xornada: desde a perspectiva ambiental, desde a política e desde a económica. Pola súa banda, García insistiu en que “hai que repensar as políticas culturais públicas” e indiciou que “a axenda 2030 é un bo marco, porque é necesario e porque é unha oportunidade para Galicia en tanto o noso sistema cultural encaixa á perfección nos criterios da cultura sustentable”. suso souto