Declaran a ampliación da conserveira González Montes como prioritaria

Conserveras
Suso Souto
COUSO. A conserveira prevé ampliar as súas instalacións en Couso (Ribeira). Foto: I.G.M.

RIBEIRA. O Consello da Xunta declarou como iniciativa empresarial prioritaria o proxecto de ampliación da conserveira Ignacio González Montes, ubicada en Couso (Ribeira) que ten por obxectivo dotar da infraestrutura necesaria á planta, mellorando así a capacidade de almacenamento de materias primas e os procesos produtivos de cara ao seu crecemento futuro. Esta declaración enmárcase dentro da filosofía da Lei de simplificación administrativa, que supón, na práctica, a redución á metade dos prazos de tramitación para poder levar a cabo un proxecto. A obra suporá a creación de 35 postos de traballo directos, o 90 % deles para mulleres do Barbanza, e mobilizaranse investimentos por 9,5 millóns de euros, dándose ademais prioridade, no proceso de contratación, a provedores galegos e da zona de destino do investimento. s. s.