Deixan cincuenta bolsas con restos de desbroces a carón dun contedor en Ribeira

Residuos
Suso Souto
Imaxe das cincuenta bolsas depositadas a carón dun contedor en Aguiño. Foto: C.R.

Un veciño de Ribeira foi requirido polo Concello por depositar xunto a un contedor situado na parroquia de Aguiño medio cento de bolsas de grandes dimensións que contiñan restos de desbroce de silveiras.

A persoa infractora foi identificada e logo de persoarse no Concello informóuselle das distintas formas de poder xestionar adecuadamente este tipo de refugallos.