Deloa organizou para o xoves un foro de transición enerxética en Lousame

Transición energética
Suso Souto
Instalacións do complexo mineiro de San Finx.

LOUSAME. As instalacións do Museo Mina de San Finx, ubicado no municipio barbanzán de Lousame, acollerá o vindeiro xoves día un a partir do mediodía e ata as dúas da tarde unha xornada sobre a transición enerxética, que está organizada pola Asociación de Desenvolvemento Deloa en colaboración co Concello e a Fundación Paideia. A mencionada actividade enmárcase tamén dentro do ciclo de xornadas que leva por título Cara unha economía local rexenerativa, e achegará aos asistentes os detalles dunha experiencia pioneira en materia de colaboración público-privada no referente á creación dunha comunidade enerxética no entorno rural. En concreto, exporase o exemplo dunha iniciativa levada a cabo nesa liña na vila soriana de Castilfrio de la Sierra. As prazas para poder asistir ás charlas que se van impartir son limitadas, e requírese facer previamente a inscrición a través da páxina web www.deloa.es/transicion-enerxetica. Aquelas persoas que estén interesadas en obter máis información ó respecto poden consultar a sección de noticias da páxina web www.deloa.es, así como as redes sociais Instagram @asociaciondeloa e Facebook @deloa.asociacion. A asistencia a este foro é totalmente gratuíta. s. s.