Descargados máis de dous mil bonos da campaña AmaRibeira en só 24 horas

Campaña
Suso Souto
PRESENTACIÓN. Pola esquerda, a edil Juana Brión; o presidente da patronal, Francisco Martínez; os concelleiros Ramón Doval, José Manuel Vilas e Ana Barreiro; o alcalde, Manuel Ruiz, e o segundo tenente de alcalde, Emilio Pérez, na presentación da campaña AmaRibeira. Foto: C. R.

Ribeira. Fulgurante arranque da campaña AmaRibeira con 2.200 bonos descargados nas primeiras 24 horas: practicamente un tercio dos 6.666 bonos de desconto de 30 € que o Concello pon a disposición da veciñanza en apoio ao comercio e a hostalería local.

Ademais, segue elevándose o número de comercios adheridos que, se pouco antes de que principiase a campaña na medianoite do día un rondaba os oitenta, nestes momentos ascende a cento doce.

Cómpre lembrar que para facer uso dos bonos de desconto e mercar no comercio e a hostalería local (por cada de 30 euros de compra tense dereito a un desconto de 10 euros ata un máximo de 3 operacións) hai que activalos na páxina web www.amaribeira.gal premendo en obter bono e seguindo todos os pasos. Como requisito hai que estar empadroado en Ribeira e ser maior de idade.

Os bonos desta campaña poderán ser canxeados ata o vindeiro 31 de xaneiro. s. s.