Detido un rianxeiro por destrozos no Concello e por agredir a un policía

Detención
Suso Souto
Entrada das dependencias policiais de Rianxo. Foto: P.L.R.

RIANXO. A Policía Local de Rianxo detivo a un veciño da localidade, de vinte e un anos de idade, como presunto autor de danos e de atentado contra un axente da autoridade. O individuo irrumpeu en dependencias da casa consistorial causando danos materiais de diversa contía, e logo deuse á fuga, sendo localizado con posterioridade por unha patrulla. Cando os axentes procedían á súa identificación, agredeu a un deles de forma súbita con patadas e puñetazos, polo que tivo que ser reducido, detido e trasladado ós calabozos para ser posto a disposición xudicial. Durante o arresto, un dos policías sufriu feridas leves, aínda que non tivo que causar baixa no servizo. O detido conta con vinte e tres antecedentes por diversos ilícitos e oito arrestos anteriores (tres deles no pasado mes de maio) por delitos contra as persoas e o patrimonio. S. S.