Eliminan verteduras á ría en dous puntos da rede de sumidoiros boirense

Vertidos
Suso Souto
Imaxe aérea da praia de Barraña. Foto: C.B.

BOIRO. A Xunta vén de eliminar dous puntos de verteduras de augas residuais a través do muro de contención á ría de Arousa, no concello de Boiro. Os inspectores do Plan de Control de Verteduras, desenvolvido desde Augas de Galicia, localizaron estes focos contaminantes no marco das inspeccións rutineiras que veñen realizando en distintas localidades. O persoal da Xunta identificou a súa orixe nas fisuras de dous pozos da rede de sumidoiros municipal. A Administración autonómica solicitoulle ao Concello a realización de actuacións para a emenda da situación, polo que se procedeu á implantación dun treito de colector novo. Os técnicos de Augas de Galicia realizaron unha recente inspección na que corroboraron a corrección das medidas levadas a cabo para solucionar as deficiencias identificadas nos citados puntos. s. souto