Envían á neurocientífica Sonia Villapol preguntas de escolares boirenses

Ciencia
Suso Souto
BRANDARIZ. O humorista Pedro Brandariz actuando ante un grupo de alumnos. Foto: G.

BOIRO. O CEIP Santa María do Castro de Boiro ten unha axenda apretada nesta semana de Entroido. Ademais da celebración desta tradicional festa con todas as medidas de seguridade fronte á COVID, terá unha visita moi especial: a de Pedro Brandariz, que deleitará ó alumnado dentro das aulas burbulla co espectáculo Contos choqueiros, unha peza que tivo moita acollida entre o público escolar. Outra cita para esta semana terá lugar o xoves 11, para a celebración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Este ano o alumnado gravou uns vídeos con preguntas dirixidas a unha neurocientífica galega afincada en Estados Unidos, Sonia Villapol, quen contestará as preguntas tan interesantes que foron xurdindo. Con este son 3 anos consecutivos os que levan traballando dende o centro o acercamento á ciencia con perspectiva feminista. S. S.