Espaldarazo ó comercio rianxeiro coa emisión de 15.000 euros en bonos

Comercio local
Suso Souto
Fachada do consistorio de Rianxo.

RIANXO. O pleno de Rianxo aprobou destinar 25.500 € do remanente de tesourería a unha campaña de bonos para incentivar o consumo e a un plan de apoio ó transporte de autobuses municipal. No que atinxe ó fomento do comercio, prevese a emisión de bonos cun orzamento de 15.000 €. A este importe hai que engadirlle outra contía estimada en 3.000 € para os gastos de xestión relativos ás tarxetas moedeiro que manexará directamente a veciñanza. A iniciativa porase en marcha este outono e permitirá bonificar a adquisición dos produtos nos locais e servizos que se sumen á campaña. No tocante ó transporte, mentres non se impulsa unha nova contratación do servizo que contemple a súa ampliación, destínanse 7.500 euros en cinco mensualidades ás empresas locais para axudalas a afrontar os custes dun servizo deficitario. S. Souto